O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT: Galician Research and Development Center in Avanced Telecommunications) ven de reafirmar o seu compromiso coas ideas que merecen ser difundidas a través da súa implicación na organización co TEDxGalicia.
Ademáis das súas investigacións avanzadas de recoñecido mérito como Centro Tecnolóxico, Gradiant ven demostrando con feitos a súa responsabilidade por unha divulgación que responda ás ansias da sociedade acerca da súa labor facendo un importante esforzo en explicar explicar “como funciona” o que propón e “para que serve”. Gradiant, nas súas actividades de divulgación, fai un esforzo extra por realizar sesións e xornadas atractivas que contribúan a alentar vocacións investigadoras na xuventude.
Neste marco, a colaboración entre Gradiant e TEDxGalicia toma forma como unha colaboración espontánea e natural do Centro Tecnolóxico de referencia en Galicia co evento que nace coa ilusión de se afianzar como un espazo de referencia para as ideas, o coñecemento e as experiencias que merecen ser compartidas.
Un ano máis, Gradiant tamén é TEDxGalicia.