Arquivado para noviembre 2011
Nunha nova experiencia de expansión do formato TEDxGalicia, o próximo 2 de decembro, o TEDxGalicia estará no Culturgal.
TEDxGalicia no Culturgal terá lugar na sesión do venres 2 de decembro ás 1100h tratando sobre a temática A cultura pensada para a cidadanía e o territorio.
Cristina Fuentes, directora internacional de Hay Festival para España e Latinoamérica; Luís Fernandes, coordinador xeral da asociación D’Orfeu de Águeda; e Julio Gómez, un dos responsables da empresa galega Sinsalaudio, compartirán coas persoas asistentes ao Foro Culturgal algunhas claves sobre proxectos culturais cunha especial relación con espazos singulares, co territorio e coa cidadanía. Farano baseándose na súa propia experiencia en proxectos nados en territorios periféricos, lonxe dos grandes núcleos urbanos, que conseguiron converterse en axentes dinamizadores e que, ademais, actúan como foco de proxeción exterior dos seus territorios, grazas ao prestixio das súas propostas.
A sesión terá un formato dinámico e inspirador, o das charlas de 18 minutos ideadas pola organización sen ánimo de lucro TED, adicada a inspirar e a difundir ideas a través da rede.
Descargas
Como parte da filosofía do TEDxGalicia é a posta en práctica e a implementación de ideas, consideramos fundamental favorecer o establecemento de conexións pertinentes e útiles entre as persoas que tendes demostrado compromiso e vinculación coas ideas que merecen ser compartidas. Neste senso queremosche presentar eContact.me, unha ferramenta para favorecer un networking realmente efectivo que se presentará en sociedade no TEDxGalicia.
eContact.me é o servizo que permite crear conexións entre os asistentes a un evento para propiciar a construción dunha auténtica rede de interaccións sociais. O servizo eContact.me ponse a disposición do TEDxGalicia co ánimo de ofrecer utilidade real aos seus asistentes e recoller opinións no seu primeiro escenario real de uso. Este uso é completamente voluntario e recoméndase como forma de obter conexións con outras persoas interesadas nos temas do evento.
As e os participantes recibirán uns días antes do TEDxGalicia un email coa súa invitación persoal para eContact.me e información completa sobre o seu funcionamento.
Agardamos que eContact.me favoreza que saques o máximo partido do TEDxGalicia 2011 o próximo 25 de novembro.









