A organización dun evento de divulgación transdisciplinar e vangardista na USC, ven representar o seu compromiso coa creación e a divulgación de coñecemento para toda a súa comunidade e o entorno social no que se insire.
A primeira edición do TEDxGalicia@USC terá lugar o próximo 11 de novembro de 2011 (11/11/11) no Salón de actos da Facultade de Psicoloxía. Consistirá nunha serie de oito charlas de duración non superior aos 18 minutos sobre ideas e experiencias que merecen ser compartidas pola súa capacidade de producir un impacto na sociedade. Ao final do evento teremos a oportunidade de departir e compartir un cocktail entre as e os pioneiros do TEDxGalicia@USC.
Oportunidades dentro de la crisis actual.
Hola! Emitiréis el TEDx en directo por streaming?