O TEDxGalicia 2013 terá lugar no Centro Social Fundación Novacaixagalicia Pontevedra.
Acerca do edificio
O edificio foi redeseñado polo arquitecto pontevedrés César Portela tratando de combinar a tradición formal do inmoble coa estética do século XXI, dotándoo dunhas instalacións innovadoras acordes usos sociais.
O edificio parte dunha construción realizada en tres fases diferentes. O primeiro edificio foi adquirido no 1944 e, con proxecto de Emilio Quiroga Losada, foi inaugurado no 1948. A continuación erixiuse un bloque anexo na rúa Augusto González Besada, estreado no 1956, con proxecto de Robustiano Fernández Cochón. E finalmente, en 1974, estrease unha moderna ampliación cara á rúa Campolongo que foi proxectada por Joaquín Basilio Bas.
O edificio remodelado conserva dúas fachadas de pedra combinadas cunha enorme cristaleira na parte posterior, que lle achega un aspecto vangardista. No interior, un formidable vestíbulo, ao que se accede pola rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé, comunica as diferentes estancias. Está coroado por unha escultura de bronce de 6 metros de alto, do escultor Cándido Pazos, que representa a Teucro, o mítico fundador da cidade.
Localización
Accesos
Estación de autobuses: Av. da Estación s/n. Máis información da estación de autobuses de Pontevedra.
Estación de trens: Av. da Estación s/n. Máis información da estación de trens de Pontevedra.