Nas dúas últimas semanas estivemos a publicar algunhas das charlas subtituladas ao galego en TED.com. Grazas á aportación desinteresada dun grupo de voluntarias e voluntarios que participan no TED Open Translation Project, contamos xa con 67 charlas subtituladas á nosa lingua.
Dende aquí o noso máis sinceiro agradecemento e recoñecemento.