Quédanos moito traballo para dixerir, editar e publicar as charlas desta edición, mais tras unha fin de semana de recuperación, aproveitamos para dar as grazas máis unha vez por ter feito posible o TEDxGalicia 2013.
Fora da Fundación Galicia Sustentable e a cesión de espazos por parte da Obra Social NCG, nesta ocasión o evento non tivo máis patrocinio que o de todas e todos vos quen colaboráchedes coa compra de entradas. O máis grande do que fixéchedes con esa colaboración estár por chegar coa difusión das charlas na Internet, algo que vos fixéchedes posible. Así pois o primeiro e maior dos agradecementos a vos: as e os participantes.
É momento tamén de agradecer a Roberto, Miguel, Xosé Manuel, Victor, Gonzalo, Román, SUBRosa, Sandra, Carlos, Pablo, Jorge e Frankie. Moito tempo de traballo para preparar as súas charlas e valor para se subir á escena.
En escena tamén grazas a Vicente, Javier e Pedro e na rede a Javi. Grazas polo escenario creado por Metrocuadraro e á iluminación que lle da vida. Como estes últimos anos, grazas a Imaxenium pola calidade da produción audiovisual que seguro desfrutaremos en breve. Tamén en moi breve agardamos as fotos dos fotógrafos oficiais do evento: Xaime, Nelson e Manu. Mención especial tamén para as e os voluntarios. E nesta ocasión moitísimas grazas a Leticia e Lorena polo voso incansable traballo.
Moita xente ao redor deste evento que cada ano mostra que é todo un movemento e que a súa propiedade reside en todas e todos vos que ano tras ano, facedes que sexa posible. Máis unha vez, parabéns polo voso evento!!!
PS.- Pola parte da responsabilidade, todos os problemas son achacables a Marcos Pérez (marcos.perez@tedxgalicia.com).