TEDxGalicia U (Re-loaded)

Sempre ten sido a intención deste evento que as e os participantes sexades tanto ou máis interesantes que os speakers. Para mostrarlo, nesta edición do TEDxGalicia temos preparado unha sesión previa ao evento denominada TEDxGaliciaU.

O TEDxGaliciaU é un espazo previo ao TEDxGalicia onde ti tomas o protagonismo xa que terás a oportunidade de compartir a túa propia idea. Esta sesión comezará ás 1300h nun espazo habilitado ao efecto e estará conformada por charlas curtas (máximo 10 minutos) das e dos participantes.

O proceso de selección de participantes

Trátase dunha actividade para participantes no TEDxGalicia polo que é requisito imprescindible ter correctamente formalizada a túa inscrición no TEDxGalicia.

Abrimos hoxe un prazo de preinscrición para que nos envíes a  tedxgaliciau@tedxgalicia.com co teu nome completo e cun breve resumo do que te gustaría compartir no TEDxGaliciaU. Atendendo á natureza dos TEDx, tras enviar o formulario, recomendase ás e aos candidatos enviar un pequeno video (máximo 30 segundos).

Recibiremos solicitudes ate o 31 de agosto e na primeira semana de setembro contactaremos coas persoas seleccionadas para o TEDxGaliciaU. Nesta primeira edición agardamos seleccionar a unhas 6 persoas que serán convidadas a presentar a súa idea no tempo máximo de 10 minutos.

Aspectos importantes de cara á valoración

Valorarase especialmente quen teña acompañado un video da súa solicitude. Tamén se valorará o feito de axustar o tempo ao máximo dando prioridade ás charlas máis curtas. Tes 10 minutos como máximo.

O que buscamos

Inventos – Innovacións co potencial de cambiar Galicia e, porque non o mundo.

Educación – Métodos salientables para compartir coñecemento.

Prodixios – Xóvenes talentos listos para despuntar.

Artistas – Tratando de presentar o seu traballo de maneiras diferentes, non simplemente falando del.

Representacións – Música, baile, humor,… ou algo totalmente diferente.

Sabiduría – Sabiduría que o mundo precisa de quen o ten aprendido polo camiño difícil.

Entusiasmo – Presentacións con paixón das ideas ou iniciativas compartidas.

Axentes de cambio – Traballando polo que importa facendo de Galicia un lugar mellor.

Contadores de historias – Intensos, orixinais, cargados de sentido e cunha capacidade especial para conectar coa audiencia.

Provocación – Ao redor dunha potente idea que mereza ser compartida.