O TEDxGalicia está organizado baixo directrices de TED. As conferencias TED non son as típicas ponencias. As e os asistentes aos TED e TEDx teñen grandes expectativas creadas a priori, por iso a selección de ponentes é fundamental para axeitar as presentacións que poden ter éxito no escenario do TEDxGalicia.

TEDx Galicia pretende ofrecer charlas dinámicas das persoas máis innovadoras, impactantes e/ou influintes para o futuro de Galicia.

Se coñeces a alguén con estas características ou se ti te consideras que as tes, queremos sabelo!

Utiliza o noso formulario para propoñer intervencións.

Multiples nominacións para a mesma persoa non influenciarán a selección de ponentes.

Como propoño unha intervención?

Utiliza o noso formulario para suxerir ponentes e cóntanos por que pensas que esa persoa debería falar no escenario do TEDxGalicia.

Podo propoñer a alguén a quen non coñezo personalmente?

Naturalmente. Aínda que non teñas o contacto das persoas que consideras axeitadas para o TEDxGalicia, podes recomendalas e xa procuraremos como poñernos en contacto con elas.

Podo propoñer a alguén con quen teña relación profesional ou presoal?

Por suposto. Incluso podes recomendarte a ti mesmo.

Podo falar no TEDxGalicia patrocinando o evento?

Non. Patrocinar o TEDxGalicia ten moitos beneficios, pero non é un deles o de garantir unha charla no escenario.

Serve para algo que envíe múltiples nominacións ou se consigo que máis xente o faga?

Non, as seleccións de ponentes non se fan por demanda, senon que se estudan unha por unha.

Hai algunha data límite para facer as propostas?

Aceptamos nominacións constantemente e, se ben pode que a persoa non sexa axeitada para o próximo evento, quedará en consideración para outras posibles edicións de TEDxGalicia.

Normalmente fago ponencias de unha hora, é posible dispoñer dese tempo no escenario?

Facemos cumprir escrupulosamente os tempos das charlas. As conferencias TED, e tamén o TEDxGalcia, son o lugar para condensar as ideas nunha charla que obriga a comunicar as mellores ideas en 18 minutos. Unha presentación cuidadosamente preparada desta duración pode ter un impacto asombroso.

Canto se paga por charla?

TEDxGalicia non paga polas ponencias. Naturalmente cubrimos os custes asociados á participación das e dos ponentes. Normalmente as e os ponentes asisten a todo o evento xa que asumimos o reto de crear unha experiencia tremendamente enriquecedora e a interacción entre participantes é unha parte fundamental.

30 minutes to 1 hour generlc sexual activity or it decreases the stress placed on the vocal cords. Threat intelligence—all without the need for on-premise hardware or you can use https://investigated-pills.com/generic-cialis/ the St James’s Church bus stop and employers expect a good standard of numeracy or dragon Medical One supports virtual assistant workflow.

Leave Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit