RSS Feed

Buscar...

TED Prize 2012

Dossier do TEDxGalicia 2011

Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser coñecidas TED creou o programa TEDx.

TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED.

O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes.

As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente.

TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Comparte a túa idea

Comparte a túa idea

Ti tamén eres TEDxGalicia

Ponentes

TEDx Galicia pretende ofrecer charlas motivadoras das persoas máis innovadoras, impactantes e/ou influintes para o noso futuro.

Buscamos historias e voces destacadas da nosa comunidade con historias únicas ou persepctivas inusuais que podan trasnmitir dun xeito dinámico.

Se coñeces a alguén con estas características ou se ti te consideras que as tes, queremos sabelo! Utiliza o noso formulario para suxerir ponentes.

Todas as recomendacións son consideradas e valoradas pero a selección final de charlas e ponentes é responsabilidade exclusiva da organización.