TEDxYouth@Galicia
A nosa intención e desenvolver unha metodoloxía didáctica de aproximación á filosofía de comunicación atractiva e coñecemento aberto de TED e os TEDx. Partindo dunha preparación específica en comunicación varias mozas e mozos serán seleccionados para compartir as súas ideas sobre o escenario do TEDxGalicia que se celebrará no día seguinte.
Máis que un evento en si mesmo, o TEDxYouth@Galicia trata de ser un proceso a través do cal capacitar á mocidade galega para a comunicación das ideas, experiencias e o coñecemento.
Neste piloto que realizaremos no 2012, trataremos de probar a potencialidade desta iniciativa para expandila a través dos centros de ensino, asociacións xuvenís e espazos de participación non-formal da mocidade.