TEDxGalicia

Todas as solicitudes de prensa deberán ser enviadas a Marcos Pérez que é o portavoz oficial de TEDxGalicia.

Marcos Pérez
Telf: (+34) 629 430 629
Email: marcos.perez@tedxgalicia.com

Más información: TEDxGalicia 2010 | Información xeral

TED

Teñan en conta que a organización do evento TEDxGalicia non pode falar no nome de TED. Calquera solicitude de información ao respecto de TED debe ser enviada a:

Laura Galloway
Head of Media Relations
Telf: (212) 260-3708
Email: laura@gallowaymediagroup.com

Cobertura dos eventos TEDxGalicia

Apreciamos toda cobertura do evento TEDxGalicia, mais debemos solicitar ás e aos xornalistas e/ou bloggers que respecten a diferenza entre TED e a marca TEDxGalicia.

Observen por favor, que o “x” en “TEDx” significa “eventos independentemente organizados”. Calquera título de texto que similar a “TED chega a Galicia” non é veraz.

Para máis información sobre TED e TEDx visita http://www.ted.com/tedx

Organización

A Fundación Galicia Sustentable é a institución que da soporte á organización do TEDxGalicia. Marcos Pérez é responsable de velar polo cumprimento da licenza que lle foi outorgada según os termos e condicións establecidas por TED.

Fundación Galicia Sustentable

Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, de natureza fundacional que se constitúe para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor os recursos estratéxicos de Galicia cunha orientación ineludible cara a competitividade global e a eficiencia.

A existencia desta fundación ten como finalidade xeral, o aproveitamento do potencial de Galicia e as súas xentes cara a sustentabilidade a través do desenvolvemento das capacidades dos individuos e colectivos a través das súas accións, actividades e proxectos.

Fora de calquera dogma ou liña de pensamento estblecida, a través da información e de compartir coñecementos e ideas pretendemos que cada quen poida crear os seus propios criterios para a toma de decisións sustentables.

máis info

Marcos Pérez

Marcos Pérez traballa como asesor independente en planemaento estratéxico e sustentabilidade, tanto para o sector público como para o privado. Como facilitador ten colaborado con varias organizacións e universidades en proxectos diversos proxectos e programas de capacitación, principalmente sobre liderado, motivación, creación e coordinación de equipos, e naturalmente, sustentabilidade e planeamento estratéxico.

É membro do grupo de investigación sobre Avaliación Ambiental Estratéxica e Planificación Ambiental da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Galicia Sustentable.

No ano 2009 asiste como participante ao TEDGlobal en Oxford e o próximo verán, volverá de novo a twittear (@perezgulin) o TEDGlobal, nesta ocasión dene Edimburgo.

máis info