TEDxGalicia 2011 – Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa
O fluxo do programa ten sido deseñado para nos levar por sinxelas aproximacións a unha realidade complexa. A través das sesións do TEDxGalicia 2011 queremos provocar a reflexión sobre cuestións fundamentais como: a realidade tras o que vemos, un futuro complexo, fraudes socialmente aceptados, ciencias inexactas, distintas maneiras de percibir a realidade, cousas feitas doutro xeito,…
Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa nos propón unha viaxe que facilite a interpretación do que está a acontecer ao noso redor e das íntimas relacións entre múltiples variables que poden non resultar obvias a priori.
O programa se desenvolverá a través de 4 bloques de contidos ao longo dunha xornada de día completo. Cada bloque estará formado por varias charlas de duración non superior aos 18 minutos entre as que intercalaremos audiovisuales e algunhas presentacións máis curtas relacionadas coa temática do TEDxGalicia 2011.
1.Imaxina – 2.Pensa – 3.Crea – 4.Comparte
Estes catro bloques de contidos presentan un itinerario de creación de coñecemento e cambio que propón: a imaxinación como base, o pensamento como ferramenta, a creación como obxectivo e compartir como fundamento da creación valor.