TEDxGalicia 2010 – Cara unha sociedade movida polo talento
Con este primeiro TEDxGalicia aspiramos a iniciar unha nova dinámica fronte ao modo tradicional amplamente instaurado na divulgación e transmisión de ideas en Galicia.
O TEDxGalicia centrarase en compartir diferentes puntos de vista e aproximacións sobre temáticas amplas e complexas e para elo contaremos con charlas interdisciplinarias, enfocadas cara o poder das ideas para o cambio de actitudes, vidas e, en definitiva, o mundo.
Asumimos a dificuldade que ten a organización dun evento deste estilo en Galicia e mantemos unha grande ilusión por que esta primera ocasión deixe as ganas suficientes entre as e os participantes que nos permitan optar a unha licenza plurianual e mellorar edición tras edición.
Contidos
A temática deste primeiro TEDxGalicia 2010 é Cara unha sociedade movida polo talento, suficientemente xenérica para forzar ás e aos ponentes a conectar o seu traballo cos grandes temas con vixencia no planeta. Ao longo do programa teremos a oportunidade de reflexionar acerca de cuestións fundamentais como: ¿Que é o que nos move?, se cadra algo estamos a facer mal no planeta, desvelar os talentos, ¿cómo mover a sociedade?….