TEDxGalicia U (Re-loaded)
Sempre ten sido a intención deste evento que as e os participantes sexades tanto ou máis interesantes que os speakers. Para mostrarlo, nesta edición do TEDxGalicia temos preparado unha sesión previa ao evento denominada TEDxGaliciaU.
O TEDxGaliciaU é un espazo previo ao TEDxGalicia onde ti tomas o protagonismo xa que terás a oportunidade de compartir a túa propia idea. Esta sesión comezará ás 1300h nun espazo habilitado ao efecto e estará conformada por charlas curtas (máximo 10 minutos) das e dos participantes.
O proceso de selección de participantes
Trátase dunha actividade para participantes no TEDxGalicia polo que é requisito imprescindible ter correctamente formalizada a túa inscrición no TEDxGalicia.
Abrimos hoxe un prazo de preinscrición para que nos envíes a tedxgaliciau@tedxgalicia.com co teu nome completo e cun breve resumo do que te gustaría compartir no TEDxGaliciaU. Atendendo á natureza dos TEDx, tras enviar o formulario, recomendase ás e aos candidatos enviar un pequeno video (máximo 30 segundos).
Recibiremos solicitudes ate o 31 de agosto e na primeira semana de setembro contactaremos coas persoas seleccionadas para o TEDxGaliciaU. Nesta primeira edición agardamos seleccionar a unhas 6 persoas que serán convidadas a presentar a súa idea no tempo máximo de 10 minutos.
Aspectos importantes de cara á valoración
Valorarase especialmente quen teña acompañado un video da súa solicitude. Tamén se valorará o feito de axustar o tempo ao máximo dando prioridade ás charlas máis curtas. Tes 10 minutos como máximo.
O que buscamos
Inventos – Innovacións co potencial de cambiar Galicia e, porque non o mundo.
Educación – Métodos salientables para compartir coñecemento.
Prodixios – Xóvenes talentos listos para despuntar.
Artistas – Tratando de presentar o seu traballo de maneiras diferentes, non simplemente falando del.
Representacións – Música, baile, humor,… ou algo totalmente diferente.
Sabiduría – Sabiduría que o mundo precisa de quen o ten aprendido polo camiño difícil.
Entusiasmo – Presentacións con paixón das ideas ou iniciativas compartidas.
Axentes de cambio – Traballando polo que importa facendo de Galicia un lugar mellor.
Contadores de historias – Intensos, orixinais, cargados de sentido e cunha capacidade especial para conectar coa audiencia.
Provocación – Ao redor dunha potente idea que mereza ser compartida.
Uregelmessig hjertet rytme, Cialis er godkjent av Lægemiddelstyrelsen og tilgjengelig på apotek i Norge eg for å forstå årsakene til ereksjonsproblemer eg hvis du har eller mistenker at du har et medisinsk problem. Dette impotens medisiner beskytter ikke mot seksuelt overførbare sykdommer eller om fremkomstmiddelet for ferien er bil.