SPEAKERS 2015

Miguel Vieito

Unha desas personalidades que non se atopan fácilmente. Miguel é avogado e actualmente adícase á investigación xurídica na Universidade de Santiago de Compostela.

El mesmo definiras como “xurista da saúde, da non discriminación e das novas tenoloxías; con especial incidencia no lado escuro do Sith”, e para rematala “nerd, otaku e de Carballo”.

En canto te atopes con este peculiar avogado, podrás mudar a percepción que tes destes estranos seres 😉

Miguel no LinkedIn

Lucas Requejo

Activista de actuar máis que de falar. Hai un tempo cansou de facer as cousas como se viñan facendo e comezou a repensalo todo. Isto levou á deriva da súa carreira como Arquitecto Técnico cara a semente de múltiples iniciativas que buscan reconstruir a sustentabilidade a través da alimentación:

  • Prato Denominación de Orixe, unha tapería responsable itinerante que se preocupa pola saúde das persoas creando tapas saudabeis coherentes co entorno e sobre todo cun mesmo.
  • Realimentate, actividade que consta de varios días de convivencia e promoción da sustentabilidade nos fogóns con encontros, cine, mercado,…
  • Ultralimento, o ultramarinos que leva ao extremo o poder do alimento como transformador social e ambiental.

Lucas no LinkedIn

Cristina Palacios

Traballadora Social, nai por paixón e activista por obriga.

Cristina embárcase nunha tarefa por facer visible unha realidade socialmente oculta porque nesta sociedade o que non se percibe non existe. Ás veces por motivacións que transcende ás persoas individualmente pero moitas outras simplemente por que nos resulta moito máis fácil etiquetar e que o proceso de etiquetado non resulte moi complexo.

Roberto García

Médico radiólogo fora do común na forma de entender a súa profesión e no seu rigor. Non exclusivamente no profesional e académico senon tamén a través das reflexións que comparte que deixa pensando tres días a quen lle escoita.

Roberto di que pertence a esa especie de “nigromantes” modernos chamados radiólogos, aqueles que, no seu mundo fundamentalmente percibido a través da imaxe, son garantes das nosas imaxes máis transcendentes e importantes. As imaxes que son máis que fotografías, que están cheas de ilusión, de loita e de vida. Imaxes con alma.

Fátima Ezzahra

Desde a asociación que preside, pero tamén desde a súa vida diaria, Fátima reivindica a súa identidade musulmana e a súa condición de muller.

Fátima e todas as mozas da asociación só queren elexir o seu propio camiño pero en motos casos se atopan en terra de ninguén á hora de conxugar estas dúas realidades. Dunha parte a comunidade islámica continúa a marcar as pautas pero pola outra se atopan nun entorno no que os estereotipos determinan en moitos casos calquera acción cotiá como a de conseguir a cesión dun espazo publico para celebrar unha asamblea como asociación.

Rafa de Ramón

Creador de Utopic_US. Os seus interese levarono desde a posta en valor do patrimonio até o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

Especializouse estudando e traballando por achegar a cultura á xente. Non pode parar de participar no deseño de proxectos e implementar ideas innovadoras desde a cultura cara diversos sectores da sociedade.

Rafa di que se inspira en Guy Kawasaki, en Charlie Brown, en Marco Roveda, en Cesare Fera, en Dario Fo, en Homer Simpson, e en Paco Martinez Soria, nas súas meigas, en Persepolis, nos pinchos de bacallao e Fito… entre outras moitas cousas.

www.utopicus.es

Alba Alonso

Alba é unha mestra activa e curiosa que sempre se anda a preguntar por todo o que acontece ao seu redor (en especial polo que lles atinxe aos seus dous pequechos) e que non dá entendido os mundos só rosas, ou só azuis, cando o arco da vella nos ofrece un corido abano para escollermos a máis fermosa das tinturas.

Velaquí a razón pola que fundou Realkiddys

Manel Rives

Manel é un deses mestres máis preocupados en que o alunado aprenda que en ensinar.

Especialmente preocupado pola alfabetización dixital considera que hoxe é importante dominar algo máis que a letra impresa e o lapis. É preciso coñecer a imaxe, o son, a cor, as formas, o movemento… e saber combinar todo isto nunha mensaxe de alcance global.

Para Manel, a creatividade é poñer a imaxinación en funcionamento para un obxectivo a conseguir, algo que crear, algo que cambiar, algo que mellorar. Para que a creatividade poida funcionar é necesario contar con espazos de risco e usar as linguaxes adaptadas aos tempos que nos toca vivir.

http://imaxinante.com

Twitter: @manelrives