O TEDxGalicia terá lugar no CGAC

Vimos de confirmar que a primeira edición do TEDxGalicia terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela. Queremos aproveitar para agradecer as facilidades que dende o CGAC se teñen prestado, facendo especial mención a Manuel Arroyo, Xerente do CGAC, quen en todo momento mostrou unha grande cordialidade e aceptación coa idea.…