Convida a alguén que non pode mercar a entrada

Se queres dar unha oportunidade a que participantes con menos posibilidades accedan ao TEDxGalicia, podes facer unha doazón de entradas. Para isto non tes máis que mercar normalmente unha entrada e escribir por email a info@galiciasustentable.org notificando a cesión da túa entrada para o Pool de entradas doadas. A Fundación Galicia Sustentable engadirá unha entrada por cada…

Voluntariado 2017

Se pensas que podes colaborar de algunha maneira como voluntaria ou voluntario no TEDxGalicia non dubides en te propoñer a través do seguinte formulario. Podes propoñer colaborar no día do evento pero tamén estamos abertos a calquera outra proposta que se te poida ocurrir en base ás túas capacidades. Hai moito que facer así que…

Xa podes acceder ás entradas anticipadas

Xa están dispoñibles as entradas para o TEDxGalicia 2017. Esta derradeira edición buscamos deixar un fantástico sentimento polo realizado nestes máis de 8 anos de evento e procurar un futuro maís aló do TEDxGalicia. É por isto que a temática do TEDxGalicia 2017 “é unha interpretación libre de “Ultreia” como o ánimo para dar un…

Canto somos capaces de nos implicar cunha idea? Esgotamos o aforo nunha semana?

Coas incorporacións desta madrugada xa somos 200 para o TEDxGalicia do vindeiro 16 de Xullo. É un orgullo o interese desta comunidade coas ideas das nosas xentes. Parabéns!!  Pero a cabeza non para! Así que deunos por replicar un mantra que nos persegue edición tras edición: “para que imos facelo fácil se podemos facelo difícil?”. Así que queremos propoñer un reto que nos…

Información básica do TEDxGalicia 2016

Temática Coa temática “De que está feito o futuro?” queremos explorar as cousas coitás que configuran o que imos ser como individuos e como sociedade. Gustaríanos reflexionar acerca da importancia que teñen o pasado e o presente no futuro e polo tanto a nosa responsabilidade no seu deseño e, ao mesmo tempo sementar a dúbida de se hai cousas…

TEDxGalicia 2015 – Realidades tras a percepción

Temática Realidades tras a percepción pretende activar a reflexión acerca da nosa propia percepción que constrúe unha realidade moi particular. A través de intervencións diversas trataremos de mostrar distintas realidades que desde a nosa percepción poden checar a ser sorprendentes. As charlas do TEDxGalicia fuxen das respostas simples na procura da confrontación das nosas propias opinións. Formato Ao longo dunha serie de…