Temática
Realidades tras a percepción pretende activar a reflexión acerca da nosa propia percepción que constrúe unha realidade moi particular. A través de intervencións diversas trataremos de mostrar distintas realidades que desde a nosa percepción poden checar a ser sorprendentes. As charlas do TEDxGalicia fuxen das respostas simples na procura da confrontación das nosas propias opinións.
Formato
Ao longo dunha serie de intervencións, de duración inferior aos 18 minutos, o TEDxGalicia trasladaranos variadas visións do cotiá procurando abrir o enfoque que temos da realidade. Queremos o outro punto de vista. Fora de todo plantexamento dogmático, a nosa ilusión é que saiamos do TEDxGalicia 2015 con máis dúbidas das que chegamos.
No deseño desta edición buscamos mellorar a interacción entre as e os asistentes así como a interactividade durante o evento. De aí a que o consigamos queda un mundo 😉
Lugar e data
En breve comunicaremos a sede pero podes ir reservando a data do 19 de setembro. Mudamos cara un sábado para tratar de ofrecer unha xornada completa ao redor das ideas e iniciatias galegas que procuran mover a nosa sociedade en algunha dirección. As intervencións ou actividades tratan de achegarte a ideas que merecen ser compartidas, pero este mérito eres ti quen finalmente yo outorgará,… ou non 😉
Expansión
Como outros anos, o TEDxGalicia 2015 comezará ás 1600h e trataremos de rematar o máis próximo posible das 2000h.
A diferenza fundamental este ano serán toda unha serie de actividades abertas que terán lugar a mañá do sábado 19 de setembro. Ademáis do TEDxGaliciaU no que podemos á túa disposición un espazo para nos presentar a túa idea que merece ser compartida, contaremos coa participación de speakers doutras edicións que en grupos reducidos permitirán unha interacción maior da que tiveron no seu momento.
Estamos a traballar por incluir unha comida lixeira na liña da temática do evento, nun espazo especialmente habilitado para coñecernos, atoparmonos con poñentes deste ano e de anteriores, intercambiarmos pareceres e, en definitiva, tratar de facer unha expansión do evento máis aló das charlas.
Entradas
En moi breve terás máis información acerca das entradas que se porán á venda a partires do vindeiro xoves 24 de xullo. E para celebrarmos o día de Galicia comenzaremos cunha oferta especial por compra anticipada.