TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Coas incorporacións desta madrugada xa somos 200 para o TEDxGalicia do vindeiro 16 de Xullo. É un orgullo o interese desta comunidade coas ideas das nosas xentes.

Parabéns!! 

Pero a cabeza non para! Así que deunos por replicar un mantra que nos persegue edición tras edición: “para que imos facelo fácil se podemos facelo difícil?”.

Así que queremos propoñer un reto que nos retrate como comunidade: “Canto somos capaces de nos implicar cunha idea?.”

Sabemos data e hora, sabemos que a organización volverá cometer erros, sabemos que non compartiremos algunhas das ideas e opinións que se nos contarán, non sabemos quen falará e, quen teña asistido en pasadas edicións, sabe que é un día agradable do que sempre se pode sacar algo.

Neste contexto: axúdasnos a esgotar o aforo nunha semana?. Imos ver canto podemos cubrir do aforo (400) antes das 00:00h do domingo.

Se xa tes a túa entrada axúdanos a compartir este reto. Recorda que tamén podes participar mercando unha entrada para persoas con menos posibilidades e doandoa ao “Pool de entradas”. 

Para facelo máis doado o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia farase cargo da diferencia de prezo entre a entrada a anticipada e a entrada normal, así podemos manter até o domingo ás 00:00h o prezo de 25€.

Imos aló!! 

Entradas Anticipadas TEDxGalicia 2016 (25€)

Info relacionada: *Como se financia o TEDxGalicia

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.