TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Temática

Coa temática “De que está feito o futuro?” queremos explorar as cousas coitás que configuran o que imos ser como individuos e como sociedade. Gustaríanos reflexionar acerca da importancia que teñen o pasado e o presente no futuro e polo tanto a nosa responsabilidade no seu deseño e, ao mesmo tempo sementar a dúbida de se hai cousas que por determinadas accións presentes ou pasadas están xa naturalmente predefinidas para acontecer.

Lugar e data

O TEDxGalicia regresa á Cidade da Cultura na planta -1 do Museo Gaias. Grazas á implicación do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM) todo teñen sido facilidades para a organización.

A data será o 16 de xullo e temos previsto comezar de mañá coa primeira sesión do TEDxGalicia que comezará ás 1100h. A iso das 1330h agardamos que o tempo nos permita desfrutar dunha sesión vermut e outras opcións de lecer que nos levarán até as 1600h cando comezará a segunda sesión. Tras un pequeno descanso ás 1730h retomaremos coa terceira sesión ás 1800h que nos deixará ás portas das 2000h. Nesta edición queremos que existan espazos abondo para o intercambio e interacción entre as e os participantes que sodes quen realmente nutre este evento.

Estamos a traballar para poder ofrecer uns petiscos á hora da comida nun espazo especialmente habilitado para coñecernos, atoparmonos con poñentes deste ano e de anteriores, intercambiarmos pareceres e, en definitiva, tratar de facer unha expansión do evento máis aló das charlas. Aínda que pensamos que haberá alimento abondo, recordamos que non organizamos comida.

Formato

Ao longo dunha serie de intervencións, de duración inferior aos 18 minutos, o TEDxGalicia trasladaranos variadas visións do cotiá procurando abrir o enfoque que temos da realidade. Queremos o outro punto de vista. Fora de calquera proposta dogmática, a nosa ilusión é que saiamos do TEDxGalicia 2016 con máis dúbidas das que chegamos.

Entradas

En moi breve terás máis información acerca das entradas que se porán á venda a partirse da primeira semana de maio.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.