Vimos de confirmar que a primeira edición do TEDxGalicia terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela. Queremos aproveitar para agradecer as facilidades que dende o CGAC se teñen prestado, facendo especial mención a Manuel Arroyo, Xerente do CGAC, quen en todo momento mostrou unha grande cordialidade e aceptación coa idea.
O CGAC en Santiago de Compostela é un espazo de creación e transmisión de emocións e sentimentos a través das máis diversas canles de expresión. Acollendo esta primeira edición do TEDxGalicia, ademáis se convirte no centro da divulgación de ideas e coñecemento.
Agardamos que esta colaboración sexa fructífera e duradeira.