A nosa intención e desenvolver unha metodoloxía didáctica de aproximación á filosofía de comunicación atractiva e coñecemento aberto de TED e os TEDx. Partindo dunha preparación específica en comunicación varias mozas e mozos serán seleccionados para compartir as súas ideas sobre o escenario do TEDxGalicia que se celebrará no día seguinte.
Máis que un evento en si mesmo, o TEDxYouth@Galicia trata de ser un proceso a través do cal capacitar á mocidade galega para a comunicación das ideas, experiencias e o coñecemento.
Fai unha doazón para o proxecto no TEDxYouth@Galicia. Trátase dunha doazón á Fundación Galicia Sustentable de imputación directa e íntegra ao proxecto TEDxYouth@Galicia e cos beneficios fiscais estipulados na Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de Régimen Fiscal de las Entidades Sin Fines Lucrativos y de los Incentivos Fiscales al Mecenazgo (B.O.E. 307/2002).