Blusens, tamén é TEDxGalicia

Blusens Global Corporation é unha multinacional que xurde da empresa de Blusens, empresa fundada en Santiago de Compostela no 2002, e especializada en electrónica de consumo de última xeración. Blusens conta cunha ampla gama de produtos orientados ao ocio multimedia e como empresa caracterizouse desde os seus inicios por unha aposta firme pola comunicación de marca como pilar da…

SIGNO, tamén é TEDxGalicia

SIGNO, Ingeniería del Territorio leva anos a traballar na ordenación e posta en valor dos elementos estratéxicos do territorio e o TEDxGaliciarepresenta o esforzo pola posta en valor dun recurso que non teñen inventariado: as ideas. SIGNO conta cunha dilatada experiencia na realización de proxectos relacionados co territorio, a sustentabilidade, a información xeográfica e as novas…

Un ano máis, Gradiant tamén é TEDxGalicia

Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, atópase novamente co TEDxGalicia no camiño por establecer espazos de referencia para a posta en valor das ideas. O nacemento de Gradiant xestouse en 2003, cando unha serie de grupos de investigación da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, cunha dilatada traxectoria colaborativa coa industria, expuxeron redefinir,…

eContact tamén e TEDxGalicia

eContact.me quere facilitar o modo de crear conexións entre os asistentes a un evento para propiciar a construción dunha auténtica rede de interaccións sociais. A empresa galega dot2code Technologies puxo en marcha no último ano esta plataforma que tivemos a oportunidade de probar no TEDxGalicia 2011. O voso feedback serviu para incorporar innumerables melloras de cara a…

A Fundación Galicia Sustentable tamén é TEDxGalicia

A Fundación Galicia Sustentable ten como misión, o aproveitamento do potencial de Galicia e as súas xentes cara a sustentabilidade a través do desenvolvemento dos potenciais dos individuos e colectivos a través as súas accións, actividades e proxectos. Os seus programas de acción relacionados co desenvolvemento da capacidade das persoas actúan lonxe de calquera dogma, ou liña de…

Tecnópole tamén é TEDxGalicia

Tecnópole atópase con TEDxGalicia no camiño por establecer espazos de referencia para a posta en valor das ideas. Tecnópole crea un contorno de referencia dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que aposten pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade. Tecnópole ou Parque Tecnolóxico de Galicia é…