Blusens Global Corporation é unha multinacional que xurde da empresa de Blusens, empresa fundada en Santiago de Compostela no 2002, e especializada en electrónica de consumo de última xeración. Blusens conta cunha ampla gama de produtos orientados ao ocio multimedia e como empresa caracterizouse desde os seus inicios por unha aposta firme pola comunicación de marca como pilar da súa estratexia.
Comunicación é tecnoloxía, xunto coas súas orixes galegas fan de Blusens unha compañía ideal para seguir a agrandar en Galicia o movemento polas ideas que merecen ser compartidas.
É un pracer dar a benvida a unha nova iniciativa galega e poder dicir que Blusens tamén é TEDxGalicia.