TED é un evento anual onde algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están convidados a compartir o que máis lles apaixona. “TED” significa Tecnoloxía, Entretemento e Deseño – tres grandes áreas que en conxunto están dando forma ao noso futuro. De feito, o evento dá cabida a unha temática máis ampla, mostrando “ideas que merecen a pena” de calquera outra disciplina.
Os asistentes ás conferencias TED denomínanas “o mellor balneario do cerebro” e “unha viaxe de catro días ao futuro”. Os asistentes, de perfil moi variado – executivos, científicos, creativos, filántropos – son case tan extraordinarios como os oradores, entre os que se inclúen Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono. TED celebrouse por primeira vez en Monterrey, California, en 1984.
No 2001, a fundación de Chris Anderson “Sapling Foundation” adquiriu TED ao seu fundador, Richard Saul Wurman. Nos últimos anos, TED ampliouse para incluír unha conferencia internacional, TEDGlobal; iniciativas de contido, incluídos o TED Talks e TED.com, e o premio TED.
TED2011, “The Rediscovery of Wonder”, celebrarase do 28 de Febreiro ao 4 de Marzo de 2011, en Long Beach, California, cun evento de transmisión simultánea en Palm Springs, California.
TEDGlobal 2010, “And now the good news”, celebrarase do 12 ao 16 de Xullo de 2010, en Oxford, Reino Unido (UK).