TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Expectativas da organización

Con este primeiro TEDxGalicia aspiramos a iniciar unha nova dinámica fronte ao modo tradicional amplamente instaurado na divulgación e transmisión de ideas en Galicia.

O TEDxGalicia centrarase en compartir diferentes puntos de vista e aproximacións sobre temáticas amplas e complexas e para elo contaremos con charlas interdisciplinarias, enfocadas cara o poder das ideas para o cambio de actitudes, vidas e, en definitiva, o mundo.

Asumimos a dificuldade que ten a organización dun evento deste estilo en Galicia e mantemos unha grande ilusión por que esta primera ocasión deixe as ganas suficientes entre as e os participantes que nos permitan optar a unha licenza plurianual e mellorar edición tras edición.

Contidos

A temática deste primeiro TEDxGalicia 2010 é Cara unha sociedade movida polo talento, suficientemente xenérica para forzar ás e aos ponentes a conectar o seu traballo cos grandes temas con vixencia no planeta. Ao longo do programa teremos a oportunidade de reflexionar acerca de cuestións fundamentais como: ¿Que é o que nos move?, se cadra algo estamos a facer mal no planeta, desvelar os talentos, ¿cómo mover a sociedade?….

O programa

O programa estará composto por charlas de 18 minutos agrupadas en sesións duns 90 minutos nas que se intercalarán algúnhas presentacións máis curtas. Un 20% do programa completo nos eventos TEDx deben ser videos das conferencias TED relacionados coa temática.

Para esta primeira edición o programa desenvolverase en formato de medio día comezando cedo despois do almorzo.

Incialmente están previstas 3 sesións que nos ocuparán toda a tarde e nas que se intercalarán descansos amplos e agradables para favorecer que as e os participantes poidan reflexionar e compartir.

Formato

Charlas curtas sobre un tema ou idea que non excederán os 18 minutos de duración. Non se trata de conferencias. Non contaremos con conferenciantes principais (toda a xente involucrada no TEDxGalicia: ponentes, asistentes, organización,… teñen a mesma consideración). Non teremos paneles de discusión nin mesas de traballo. Non habrá preguntas tras as charlas e as e os ponentes non disporán de podiums ou atrís.

Lugar/Data

A data que figura na páxina oficial dos TEDx (www.ted.com/tedx) é a data enviada a modo orientativo no momento da solicitude da licenza. A selección da localización para o evento condiciona o poder pechar unha data.

A situación actual é que, en canto á localización, Santiago de Compostela e A Coruña son as alternativas mellor situadas e, polo que se refire á data, a opción de finais de novembro é a máis probable.

Asistentes

No TEDxGalicia aspiramos acontar coas mellores charlas posibles para a mellor audiencia.

Segundo términos da licenza TED, esta primeira edición do TEDxGalicia terá un aforo máximo de 100 asistentes. En tanto que estamos interesados en establecer un punto de partida para unha constante mellora, faremos unha reserva de prazas específicamente seleccionadas para persoas que pola súa profesión ou implicación con eventos similares, nos poidan axudar de cara ao TEDxGalicia 2011. Tamén contaremos con 5 prazas específicamente destinadas a bloggers e prensa tradicional.

Inscrición

En canto o lugar e a data do evento estean confirmados abriremos o proceso de pre-inscrición. Temos preparado un sinxelo formulario de solicitude que revisaremos e debido ao límite de prazas para esta primeira edición, nos 5 días hábiles seguintes á recepción da túa solicitude recibirás unha resposta que pode ser de aprobación directa ou de lista de agarda. No caso da aprobación recibirás un email cos pasos seguintes para finalizar o teu rexistro.

O custo de inscrición para o TEDxGalicia será de 50€ para os eventos de medio día e de 95€ para os eventos de día completo. Porén estamos a traballar para eliminar o custo por participante nesta primeira edición. Agardamos que este extremo estea resolto para o momento que se abra o proceso de selección.

Video e streaming

Para esta primeira edición non está prevista a realización de streaming que si teremos en sucesivos eventos. Porén o evento completo será filmado e estará dispoñible en video nos meses seguintes despois da edición correspondente.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
1 Comment
  1. Pingback: Tweets that mention Algunhas cousas que debes saber do TEDxGalicia | TEDxGalicia -- Topsy.com
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.