Cambia o día na túa axenda. O TEDxGalicia 2011 terá lugar o venres 25 de novembro, un día antes da data anunciada por Marcos Pérez na conclusión do TEDxGalicia 2010. O cambio ven motivado inicialmente por motivos de loxística e ponentes pero despois de falalo e repensalo no equipo, estamos convencidos de que para favorecer a participación en todas as fases do evento que estamos a deseñar para vos este ano, un venres é mellor data que un sábado. Queremos que poidades ter a fin de semana enteira para interiorizar e vos recuperar da experiencia deste ano.
Leave Comment
Encantadísimo por finalmente tenermos a oportunidade de participar num TEDx Galego.
Quero desde xa apuntarme!
Quero tamén saber como poido involucrarme desde xa con a organización do evento. Son creativo, experiente, teño unha formación transdisciplinar, falo 5 idiomas, tengo ganas!…
Agardo as vosas novedades,
Un saúdo creativo,
Alex Pereira
Creactivista – activista da creatividade
Apuntado. Neta ocasión si que penso ir se me admiten como na anterior ocasión.