TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Este ano repetimos cidade e arquitecto como sede para a organización do TEDxGalicia 2011. O evento do próximo 25 de novembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, en Santiago de Compostela.

Queremos, dende aquí, agradecer especialmente a recepción que tivo por parte de José Pereira, decano da facultade, a posibilidade de organizar o TEDxGalicia nas instalacións que xestiona.

O número de prazas coas que contamos este ano rondan as 300 persoas e para iso, en breve terás máis imformación do proceso de selección de participantes.

Arquitecto: Álvaro Siza Vieira.
Data: 1993-1999.
Zona: Campus Norte.

Tras a construción do Centro Galego de Arte Contemporánea, o recoñecido arquitecto Álvaro Siza aborda o seu segundo gran edificio en Santiago de Compostela coa Facultade de Ciencias da Comunicación, no Campus Norte da Universidade compostelá.

É realmente excepcional nun edificio docente a calidade e a implicación no deseño do mestre portugués, que chegou a definir as pezas de mobiliario. Siza traballou contando coa total confianza dos responsábeis universitarios, conscientes de que, ademais dun equipamento docente, estaban xestionando a construción dunha obra arquitectónica contemporánea notábel.

Xa finalizada a obra e con ocasión dunha celebración universitaria, Siza asinou no libro de ouro da Universidade expresando o seu agradecemento pola oportunidade brindada pola institución, en concreto por “permitirme ser arquitecto”, como escribiu o arquitecto galardoado co premio Pritzker.

A Facultade de Ciencias da Comunicación está composta por un longo corpo axial, ao que se conectan, en perpendicular, unha serie de volumes como a biblioteca ou a aula magna. Esta organización ofrece unha riqueza espacial ambigua e poética, como é característico na obra de Siza. Resultan especialmente memorábeis a secuencia de entrada, baixo o volume da biblioteca, apoiada nunha única pata excéntrica, e a rampla interior, aberta ao atrio de distribución, pola que se accede ás diferentes aulas. Ata o último detalle do equipamento do edificio está resolto polo arquitecto, desde os bancos das aulas ou as agarradoiras das portas ata o deseño dos elementos gráficos que indican o sexo ao que están destinados os aseos. Esta circunstancia converte un edificio docente nun notábel exemplo de obra de arte total da arquitectura contemporánea.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.