TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

A preinscripción pública para o TEDxGalicia 2011 comezará o vindeiro 10 de xuño. As e os participantes na primeira edición, como pioneiras e pioneiros do TEDxGalicia, tendes a vosa pre-inscripción garantida e simplemente teredes que confirmar a vosa intención de participar no prazo e polo procedemento que se vos notificará.

O aforo desta segunda edición é de 300 persoas. As e os participantes no TEDxGalicia 2010 teñen un prazo propio para formalizar o seu interese en participar na edición deste ano e unhas 30 prazas se reservan para invitacións seleccionadas de persoas que pola súa experiencia, profesión ou implicación en eventos similares, poidan ser de axuda na organización de vindeiras edicións do TEDxGalicia. Estimamos que queden de libre disposición unhas 175 prazas, polo que recomendamos que vos apuredes a solicitar a vosa pre-inscripción.

Buscamos persoas con inquedanzas e intereses e que poidades xogar un papel no futuro desenvolvemento do movemento TEDxGalicia. Con es intención se formulan as preguntas do formulario de pre-inscrición. Require de respostas sinxelas que serán utilizadas para decidir a disposición das 175 prazas de libre acceso, así que adícalle uns minutos de reflexión antes de escribilas.

O formulario estará dispoñible do 10 de xuño ao 31 de agosto. Este ano, as pre-inscricións iranse seleccionando na semana seguinte a cubrir o formulario e despóis terás un prazo de 15 días para formalizar a inscrición. Haberá unha lista de agarda para cubrir as prazas que non se formalicen no prazo establecido.

A información do evento será desvelada paulatinamente xa que pretendemos que as colaboracións e a participación sexa máis pola filosofía do TED e os TEDx fronte a interese dun aspecto concreto. En calquera caso toda a información acerca do evento, contenidos, charlas e ponentes será ofrecida antes de finalizar o prazo de inscrición. A estas alturas temos un 40% do programa pechado e traballamos coa estimación de termos pechado o 80% das charlas e ponentes no mes de xullo.

Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en escribir a tedxgalicia@tedxgalicia.com.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.