Acerca desta TEDxTalk
Interesante charla divulgativa para comprender os límites do planeta para satisfacer as necesidades do estilo de vida occidental desenvolvido. Emilio plantea en termos moi didácticos a dúbida que resulta á luz dos datos e das informacións e é que, quizáis estamos a facer algo mal para que as cousas vaian como van.
Acerca de Emilio Fernández
Emilio Fernández Suárez iniciou a súa actividade profesional na Universidade de Oviedo, onde en 1990, se doctorou en Bioloxía conseguindo o Premio extraordinario de doutoramento no curso 1990-91. Traballou no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo e actualmente é profesor e ostenta a cátedra de Ecoloxía na Universidade de Vigo.