Neste ano estamos a traballar intensamente por facer que o TEDxGalicia transcenda ao propio evento oficial do mes de novembro. Os avances son prometedores e estamos a concretar desenvolvementos que compartiremos contigo a medida que vaian sendo confirmados.
Entre estas actividades de extensión atopamos a xa formalizada relación cun evento de relevancia constrastada como e Mundos Digitales onde faremos unha pequena inmersión do formato TEDxGalicia. Neste ansia de contaxiar a nosa ilusión polas ideas e o coñecemento temos comezado contactos non formais con diferentes ámbitos como a escola e as universidades, para buscar métodos para implementar formatos TED e TEDx. Estes novos entornos non deben vir nunca a substituir o TEDxGalicia senon que deben ter un marcado caracter identitario destinado ao público obxectivo do que se trate. Neste senso estamos tamén a desenvolver as pautas para o TEDxGaliciaKids.
Manteremos cumprida información das novas oportunidades que se vaian concretando para vivir e participar dunha experiencia TEDxGalicia. Se pertences a un entorno onde tería cabida un formato TEDxGalicia ou se te ocurren actividades ao redor da filosofía TED e TEDx que puideramos desenvolver coa túa axuda non dubides en te poñer en contacto con nos enviandonos un email a tedxgalicia@tedxgalicia.com.
E por suposto, non olvides que o 10 de xuño se abren as pre-inscripcións para o evento oficial TEDxGalicia do vindeiro 25 de novembro.