TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Acerca do evento

Este ano repetimos cidade e arquitecto como sede. O TEDxGalicia 2011 terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, en Santiago de Compostela o próximo 25 de novembro de 2011.

Baixo a temática Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa , o programa se desenvolverá a través de 4 bloques de contidos ao longo dunha xornada de día completo. Cada bloque estará formado por varias charlas de duración non superior aos 18 minutos entre as que intercalaremos audiovisuais e algunhas presentacións máis curtas relacionadas coa temática do TEDxGalicia 2011.

Ao longo do proceso de preinscrición comezaremos a desvelar paulatinamente as charlas. Valoraremos especialmente as inscricións realizadas ate o día 30 de xuño, pola implicación que supoñen coa filosofía TED e TEDx. A partires do primeiro de xullo, cada quincena iremos desvelando un 25% do programa, de xeito que no 15 de agosto teñamos presentado aproximadamente o 75% e no mes de outubro informaremos dos detalles do 100% do programa.

Traballamos con tada a ilusión por satisfacer as túas expectativas pero iso depende de moitísimos factores. O que sí podemos garantir é que seguimos a facer do TEDxGalicia un evento diferente, unha experiencia da que te gustará falar.

Participantes

O aforo desta segunda edición é de 300 persoas. Destas, manteremos ate o 4 de xullo unhas prazas de asignación direta para as e os participantes no TEDxGalicia 2010 que, a partires do 10 de xuño, formalicedes o voso interese en participar na edición deste ano. Outras 30 prazas están reservadas para invitacións de persoas que pola súa experiencia, profesión ou implicación en eventos similares, poidan ser de axuda na organización de vindeiras edicións do TEDxGalicia.

Estimamos que queden unhas 175 prazas de libre disposición, polo que recomendamos que vos apuredes a realizar a vosa pre-inscripción (a partires do 10 de xuño).

Buscamos persoas con inquedanzas e intereses e que poidades xogar un papel no futuro desenvolvemento do movemento TEDxGalicia. Con esa intención se formulan as preguntas do formulario de preinscrición. Require de respostas sinxelas que serán utilizadas para decidir a disposición das 175 prazas de libre acceso, así que adícalle uns minutos de reflexión antes de escribilas.

O proceso de inscrición

A partires do 10 de xuño terás a túa disposición o formulario de preinscrición. Nos 15 días seguintes a partires da recepción da túa preinscrición recibirás unha resposta, que poderá ser de aceptación ou agarda. Esta decisión non será tomada en función do esgotamento de prazas, senón que se fai na procura da máxima diversidade do auditorio, polo tanto, as túas respostas ao formulario volven ter unha grande importancia así como a diferenciación do teu perfil ou a celeridade de resposta de entre o teu sector.

Unha vez aceptada a túa preinscrición, enviaremoste as instrucións para finalizar o proceso. Consistirán básicamente no envío das instrucións para a formalización do pagamento que deberás facer nos 15 días seguintes a túa aceptación.

O custo da inscrición do TEDxGalicia 2011 será de 45€ para as preinscricións recibidas antes do 15 de agosto (independentemente do momento de aceptación por parte de TEDxGalicia) e de 60€ para as preinscricións recibidas a partires do 15 de agosto.

A inscrición inclúe a participación nas charlas, dous coffe breaks, a bolsa TEDxGalicia, e o cocktail-networking de fin de evento.

Informaremos con máis detalle ás e aos participantes acerca doutros moitos detalles e aínda que estamos a traballar por facilitar a xestión dos almorzos compre remarcar que a comida non está incluída coa inscrición.

Non dubides en contactar con tedxgalicia@tedxgalicia.com para solicitar cualquera concreción ou resolver as dúbidas que te poidan xurdir.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.