TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Inscríbete

O aforo desta segunda edición é de 300 persoas. Ate o 4 de xullo manteremos unhas prazas de asignación direta para as e os participantes no TEDxGalicia 2010 que formalicedes o voso interese en participar na edición deste ano. Unhas 30 prazas máis están reservadas para invitacións seleccionadas de persoas que pola súa experiencia, profesión ou implicación en eventos similares, poidan ser de axuda na organización de vindeiras edicións do TEDxGalicia.

Estimamos que queden unhas 175 prazas de libre disposición, polo que recomendamos que vos apuredes a realizar a vosa pre-inscripción.

Buscamos persoas con inquedanzas e intereses e que poidades xogar un papel no futuro desenvolvemento do movemento TEDxGalicia. Con es intención se formulan as preguntas do formulario de pre-inscrición. Require de respostas sinxelas que serán utilizadas para decidir a disposición das 175 prazas de libre acceso, así que adícalle uns minutos de reflexión antes de escribilas.

Nos 15 días seguintes a partires da recepción da túa preinscrición terás resposta que poderá ser de aceptación ou lista de agarda. Esta decisión non se toma en función das prazas esgotadas, senón que se fai na procura da máxima diversificación do auditorio, polo tanto as túas respostas ao formulario volven ter unha grande importancia así como a diferenciación do teu perfil ou a celeridade de resposta de entre o teu sector.

Unha vez aceptada a túa preinscrición, se te enviarán as instrucións para formalizar e finalizar o proceso de inscrición. Isto consistirá básicamente no envío das instrucións para a formalización do pagamento que deberás facer nos 15 días seguintes a túa aceptación. O custo da inscrición do TEDxGalicia 2011 será de 45€ para as preinscricións recibidas antes do 15 de agosto (independentemente do momento de aceptación por parte de TEDxGalicia) e de 60€ para as preinscricións recibidas a partires do 15 de agosto.

A partires deste momento comezaremos a desvelar paulatinamente as charlas. Valoraremos especialmente as inscricións realizadas ate o día 30 deste mes, pola implicación que supoñen coa filosofía TED e TEDx. A partires do primeiro de xullo, cada quincena iremos desvelando un 25% do programa, de xeito que no 15 de agosto teñamos presentado aproximadamente o 75% e no mes de outubro informaremos dos detalles do 100% do programa.

Traballamos con tada a ilusión por satisfacer as túas expectativas pero iso depende de moitísimos factores. O que sí podemos garantir é que seguimos a facer do TEDxGalicia un evento diferente, unha experiencia da que te gustará falar. Así que, non o dubides máis e preinscríbete canto antes.

Non dubides en contactar con tedxgalicia@tedxgalicia.com para solicitar cualquera concreción ou resolver as dúbidas que te poidan xurdir.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
2 Comments
  1. Responder
    10 Xuño, 2011 at 00:46
    Fátima García

    Os enlaces á preinscripción danme erro 404 🙁

    • Responder
      10 Xuño, 2011 at 07:14
      TEDxGalicia

      desculpade. solucionado

Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.