Este ano contaremos con máis de 18 charlas prgramadas nos catro bloques dos que xa temos falado.
O check-in comezará ás 0900h para poder comezar puntualmente ás 1000h coa benvida e os dous primeiros bloques de charlas. Ao medio día está prevista unha pausa de non menos dunha hora e media para que vos organicedes a comida. Dende a organización enviaremos detalles ás e aos participantes para facilitar este momento, xa que ás 1600h recomezaremos puntualmente para levarnos ate o cocktail no que nos reservaremos algunhas sorpresas e que comezará aló polas 2030h.
A medida que vaiamos presentando as charlas faremos chegar máis detalles da programación desas máis de 12h de intensa festividade das ideas e o coñecemento e de todas as sorpresas que temos previstas para o entorno temporal do TEDxGalicia 2011.
Non o dubides, fai a túa preinscrición canto antes…