Non é o comezo dun chiste, son os perfís dos primeiros ponentes do TEDxGalicia 2011. Representan a multidisciplinariedade tal e como a entendemos no TEDxGalicia. Distintos puntos de vista, distintas opinións, distintas experiencias,… buscamos no alleo para reflexionar sobre o propio.
Co TEDxGalicia simplemente tratamos de crear un espazo que non pretende atar as posibilidades de cada participante para facer a súa interpretación do sentido de cada charla, con un pouco de sorte, teremos moitas interpretacións diferentes ante unha mesma charla.