Comprometidos coa acción polo cambio as organizacións de Mundos Dixitais e TEDxGalicia van máis aló dunha declaración formal de intencións e traballan para integrar na edición 2011 de Mundos Dixitais unha pílula de difusión en formato TEDxGalicia. Un espazo no que a imaxinación sexa a base, o pensamento a ferramenta, a creación o obxectivo e compartir a marca de identidade da nosa forma de entender o valor das ideas.
Dentro do programa de Mundos Dixitais TEDxGalicia@MD terá lugar mañá mércores e o próximo sábado en dúas horas de cápsula inmersiva no formato TEDx con 6 charlas de 18 minutos.