TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Dende TEDxGalicia temos intención de seguir a expandir o formato e os valores TED e TEDx na divulgación de ideas, coñecemento e experiencias que mercen a pena ser compartidos. Nese senso traballamos de cara ao 2012 para contar cun programa de charlas sectoriais en formato TEDx que sirvan para ampliar o alcance do evento anual, TEDxGalicia, que continuará a desenvolverse en novembro como a gran festa das ideas.

A semana pasada tivemos a honra de ser convidados a Mundos Digitales incorporando no seu impresionante programa de ponencias, dúas sesións en fromato TEDx. Aproveitamos esta ocasión para agradecer a Luis, Obdulia, Michael, Gonzalo, Miguel Ángel e Victor o seu atrevemento por preparar unha charla en formato e de contido TEDx.

Ate o momento que teñamos listas as charlas para compartilas na internet, aquí vos vai un resumo.

TEDxGalicia en Mundos Digitales

A primeira sesión tivo lugar no día adicado á arquitectura dixital. Comezou Luis Hernández, arquitecto e director do Grupo de I+D de Visualización Avanzada en Enxeñaría Civil, Arquitectura e Urbanismo (VideaLAB), que nos abriu a mente a novas posibilidades no eido do deseño. Entendendo a arquitectura como unha ferramenta para dar resposta a necesidades sociais, o camiño da arquitectura á luz dos clásicos debe seguir a dar resposta a estas necesidades sen caer en limmitacións autoimpostas.

Tras el, Obdulia Taboadela, socióloga e anterior responsable de urbanismo no Concello de A Coruña, reflexionou sobre a cidade do século XXI. Entendendo a cidade como o espazo que posibilita as relacións sociais e polo tanto que limita ou potencia determinados aspectos da sociedade, Obdulia nos propón o camiño cara unha nova concepción do espazo público.

Michael J. Brown, lidera a oficina de NAU en Berlín. Na súa charla introduciu a variable temporal no concepto de tecnoloxía para concluir que, hoxe en día, unha innovación ten éxito cando pasa de ser tecnoloxía a un elemento de uso cotiá dentro dunha mesma xeración.

O sábado, foi o momento de Gonzalo, Miguel Ángel e Victor. Gonzalo Rueda, CTO de Ilion Animation Studios, fixo un percorrido pola súa carreira pdestacando a importancia que tivo a persecución dos seus soños foi para o éxito e como esa motivación segue hoxe en cada novo proxecto no que se implica.

Miguel Ángel Fuertes, animador 3D que traballou con directores como Steven Spielberg, George Lucas, George Miller ou Ang Le entre outros, ofreceunos unha charla intimista na que a través da súa experiencia tras a perda dos seus páis conseguiu a metamorfose dun evento dramático de dúas das súas ferramentas de traballo: a creatividade e a beleza.

Para pechar esta primeira edición de TEDxGalicia@MD, Víctor M. López, socio fundador e CEO de Vodka Capital, tivo que superar a carga que deixou Miguel Ángel no escenario e o fixo cunha mensaxe que inesperadamente recolle os impulsos e motivacións presentados por Miguel Ángel e, a través dunha visión proactiva e optimista da situación de crise que estamos a vivir, trata de nos inocular o virus da responsabilidade que cada un de nos temos en permitir ou manter os status quo.

 

Gracias @mundosdigitales. Cando queirades, aquí nos tendes.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.