TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

A verdade que se tivese que destacar unicamente unha característica de TED sen dúbida, decantaríame pola súa intensidade. Neste días de charlas podería dicir case que é incontable a cantidade de veces que me cuestionei cousas que daba por sentado. E non me estou referindo a cousas alleas ou sen importancia, cousas fundamentais como:

A formulación de Le Cronin que estuda a evolución a materia a través da bioloxía inorgánica, abrindo a posibilidade a un novo concepto dá a vida que non estea baseada no carbono senón na capacidade de evolucionar.

As indagacións de Rebecca Mackinnon sobre as prácticas censoras do século XXI das grandes corporacións tecnolóxicas baseadas na limitación de acceso á información por cuestións puramente comerciais.

A iniciativa de Hasan Elahi que tras ser interrogado pola FBI con cuestións moi concretas que nin o mesmo podía responder decidiu trasladar e pór dispoñible toda a súa vida a Internet para ter máis controlada a información sobre se mesmo. Hasan expuxo que se todos fixésemos o mesmo, os sistemas de “intelixencia” terían necesariamente que reinventarse porque o seu poder xa non residiría nunha información pública e accesible.

A experiencia de Maajiz Nawaz cando lideraba unha organización radical islámica que identifica os elementos craves do éxito dun movemento social, por suposto as ideas pero ademais a narrativa, os símbolos e os líderes. Aspectos que os movementos nados en democracia non teñen demasiado en conta.

Os algoritmos de Kevin Slavin que definen e modelan a realidade para dicirnos as cousas que nos gustan e “axudarnos” coas nosas preferencias. Kevin achéganos ao delirio da competitividade co exemplo das empresas de bolsa nos USA que empezan a escoller as súas sedes por cuestións dos microsegundos de anticipación cos que acceder á información pola rede.

A aposta pola proba-erro como estratexia para o éxito presentada por Tim Harford. A experimentación cobra moita máis actualidade nestes momentos polo grao de complexidade do mundo que creamos que fai imposible xestionar todas os seus interrelaciones.

O susto que nos deixan no corpo as actuacións de Hackers que Misha Glenny destripa e os incribles logros que estes están a alcanzar.

A patente “mala información” que se nos presenta en forma de información científica que Ben Goldacer.

As teorías científicas de Sheril Kirshenbaum para explicar os bicos. Os champiñóns de Jae Rhim Le que limpan os tóxicos dos nosos corpos no Infinity Burial Project, a tecnoloxía aplicada á maxia de Marco Tempest ou o robot Rezero de Peter Fankhauser.

E por suposto interesantes actuacións de entre as que é necesario destacar a espectacular actuación musical de Imogean Heap http://www.bbc.co.uk/news/technology-14120732 que me fascina en cada unha das súas actuacións.

A revista New Scientist, definiu TEDGlobal como “unha convención evanxélica Cristiá, sen a parte de Deus” e é que outra das características do evento é a convicción coa que se presentan iniciativa tras iniciativa e traballo tras traballo no escenario.

TED é a divulgación en estado puro e como Alain de Botton propón desde o escenario, o mundo laico e as universidades en particular, deberían volver aos sermóns que pretenden cambiar a vida das persoas en lugar de tanta conferencia que simplemente transmite información.

Thandie NewtonNadia al-Sakkaf traballa desde o periódico que dirixe no Iemen desde o asasinato do seu pai co desexo de que podamos ver o Iemen que ela vivo e romper os prexuízos que se crearon pola falta de información xa que tememos o que non coñecemos e odiamos o que tememos.

O fundador do Barefoot College, Bunker Roy pide que en lugar de axudar cos nosos criterios, escoitemos ás persoas porque teñen as solucións ás súas propias necesidades. Entre outras cousas no seu instituto considérase que un profesional non é un titulado senón alguén que ten competencias, confianza, e cre no que fai.

Pavan Sukhdev

Algo que tamén conseguen as reflexións de Rory Stewart, actualmente no parlamento británico, que tras pór os pés no terreo perocrrendo a pé o Afghanistan asevera que cando enviamos máis diñeiro a este país houbo máis corrupción e que con máis tropas conseguimos máis violencia.

Tamén houbo tempo para demostracións no escenario como os incribles avances en biónica de Todd Kuiken, devolvendo sensacións ao cerebro a través da prótese. O escáner 3D de Ben Kaycra que procesa máis de 10000 puntos por segundo utilizado para preservar dixitalmente o Patrimonio da Humanidade. Plástico completamente reciclado; un paxaro robot que voa axitando as ás ou a cadea de produción alimentaria de natureza sintéitca de Alexandra Daisy Ginsberg.

E para terminar as charlas, unha iniciativa que non che podes perder  e coa que non podes deixar de te implicar Peace One Day, o esforzo de Jeremy Gilley por dedicarlle un día mundial á Paz.

Un breve resumo do que aconteceu a pasada semana no TEDGlobal en Edimburgo… isto dará para unha nova tempada de Redes 😉

Keep you inspired!!

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.