Temos recibido un número considerable de emails de autoresposta tras enviar o código de inscrición ás persoas seleccionadas. Aledámonos de que moitas e moitos de vos esteades de vacacións e non queremos que sexa motivo de complicacións no proceso de formalización da vosa inscrición ao TEDxGalicia do próximo 25 de novembro, así que temos decidido ampliar o prazo de inscrición anticipada ate o 9 de setembro.
Polo tanto o proceso de inscrición queda como segue. Unha vez aceptada a túa preinscrición, enviaremoste as instrucións para finalizar o proceso de inscrición. Isto consistirá básicamente no envío das instrucións para a formalización do pagamento que deberás facer nos 15 días seguintes a túa aceptación. O custo da inscrición do TEDxGalicia 2011 será de 45€ para as preinscricións recibidas antes do 9 de setembro (independentemente do momento de aceptación por parte de TEDxGalicia) e de 60€ para as preinscricións recibidas a partires desa data.
A inscrición inclúe a participación nas charlas, dous coffe breaks, a bolsa TEDxGalicia, e o cocktail-networking de fin de evento.