Marta Álvarez é unha xoven emprendedora viguesa afincada en Lugo, traballadora incansable nun novo modelo de campo diferente e orixinal que ten o seu máximo expoñente en Granxa Maruxa.
Granxa Maruxa tense transformado no seu gran proxecto, un proxecto de desfrute da vida laboral ao manter unha relación xentirl e responsable con medio e as especies que o poboan. Dalgunha maneira, esta concepción revoluciona moitos dos canons establecidos no medio rural.