En colaboración con Agenda by Comuto, TEDxGalicia propón unha alternativa de transporte solidaria e eco-responsable para que as e os participantes poidades viaxar xuntos ate Santiago de Compostela o próximo 25 de novembro compartindo gastos e facendo unha importante contribución ao medio.
Ademais da contribución a manter un planeta máis limpo, dende TEDxGalicia nos quedamos coa oportunidade que supón para compartir ideas pero por se queres máis razons, veaí van algunhas outras.
Por que compartir coche?
1. Aforro. A maioría de usuarios achéganse ao carpooling atraídos polas súas vantaxes económicas. Segundo Comuto se se comparte unha viaxe habitual de casa ao traballo (uns 20 kms por día), cada usuario pode aforrar uns 1500€ ao ano. E por unha viaxe única entre Madrid e Barcelona, o condutor economiza 90€.
2. Sustentabilidade. En España o 80% das viaxes realízanse en auto privado e catro de cada cinco vehículos son ocupados tan só polo condutor. Cada coche que se comparte aforra entre 182 e 223gr de CO2. Non fai falta ser Pitágoras para concluír que a contaminación se rebaixa compartindo o vehículo.
3. Seguridade Viaria. Un estudo da aseguradora MAIF reflicte que un condutor que leva a alguén consigo é máis tranquilo e menos agresivo que uno que non comparte o vehículo. Viaxar acompañado provoca unha condución máis responsable e por tanto unha redución de accidentes.
4. Facilidade. Compartir coche é sinxelo grazas a varios sitios web de contactos entre condutores e pasaxeiros.
5. Confianza. Grazas ao rexistro en liña, podes saber con anterioridade con quen compartes traxecto e informarte sobre a súa reputación online (se é un usuario rexistrado existirán opinións sobre o seu comportamento anterior). Compartir coche é como o autostop de toda a vida pero controlado por mediadores.
6. Gratis. Os sitios web son gratuítos, non cobran ningunha comisión. O condutor recibe diñeiro polo importe dos custos pero non consegue ningún beneficio económico.
7. Saúde. Podes permitir que outros conduzan o teu vehículo ou facelo ti durante todo o traxecto. Pero en calquera caso, compartir o coche reduce a tensión e permite chegar máis descansados, polo menos aos pasaxeiros.