Co ánimo de multiplicar a difusión das ideas que merecen a pena ser coñecidas TED creou o programa TEDx. Conscientes do grande potencial que ten este formato de entretemento científico, TEDxGalicia quere difundir o modelo a través desta inciativa de expansión para conseguir implicar a novos axentes cunha divulgación atractiva da innovación e do coñecemento. A idea é ir máis aló e extender no tempo e no espazo o que comezou como un encontro anual baixo unha fórmula que combine rigor e entretemento á hora de divulgar a ciencia e a tecnoloxía.
Nestes inicios, o proxecto non podería ter sido desenvolvido sen o apoio das múltiples mostras de interese que se teñen concretado en colaboracións e sen a participación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología a través da súa convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica e da innovación.
http://expansion.tedxgalicia.com está en fase de probas