TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

Descubrindo ideas galegas que merecen ser compartidas

Un dos obxectivos de cara a este ano no TEDxGalicia é o de ofrecer un maior protagonismo á audiencia. Queremos comezar dende a procura inicial das charlas, así que temos deseñado un proceso de audicións a semellanza do novo programa global lanzado por TED.

Como proceso de expansión do TEDxGalicia, a intención destas audicións é únicamente a de continuar a descubir ideas galegas que merezan ser compartidas. Non se trata dun concurso e non é o obxectivo principal desta sesión o de seleccionar ás e aos ponentes do próximo ou futuros TEDxGalicia.

O que buscamos?

Inventos – Innovacións co potencial de cambiar Galicia e, porque non o mundo.

Educación – Métodos salientables para compartir coñecemento.

Prodixios – Xóvenes talentos listos para despuntar.

Artistas – Tratando de presentar o seu traballo de maneiras diferentes, non simplemente falando del.

Representacións – Música, baile, humor,… ou algo totalmente diferente.

Sabiduría – Sabiduría que o mundo precisa de quen o ten aprendido polo camiño difícil.

Entusiasmo – Presentacións con paixón das ideas ou iniciativas compartidas.

Axentes de cambio – Traballando polo que importa facendo de Galicia un lugar mellor.

Contadores de historias – Intensos, orixinais, cargados de sentido e cunha capacidade especial para conectar coa audiencia.

Provocación – Ao redor dunha potente idea que mereza ser compartida.

En qué consistirá o proceso

Abrimos hoxe un prazo de preinscrición a través deste pequeno formulario web. Atendendo á natureza dos TEDx, recomendase encarecidamente ás e aos candidatos enviar un pequeno video de presentación (máximo 30 segundos) a audicions@tedxgalicia.com.

Recibiremos solicitudes ate o 30 de abril e na semana seguinte agardamos poder dar a primeira lista de participantes nas Audicións do TEDxGalicia. Nesta primeira edición agardamos seleccionar a unhas 15 persoas que serán convidadas a un evento no que disporán nun tempo máximo de 6 minutos para presentar a súa idea.

O lugar e a data das audicións será confirmado en función da participación e será un evento aberto ao público. Entre as e os asistentes serán convidadas un número de persoas ás que se lles pedirá unha valoración sobre distintos aspectos das presentacións. Con estes resultados valoraremos o encaixe no TEDxGalicia e se considerará a oportunidade de que algunha poida formar parte de futuras edicións.

Tamén, na medida das nosas posiblidades reais, trataremos de incorporar ás presentacións cun maior potencial nos procesos de acompañamento e preparación que temos preparados para as e os poñentes do TEDxGalicia 2012.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.