Despois de máis dun ano de traballo, hoxe lánzase TED-Ed, unha nova plataforma online aberta para utilizar o vídeo na educación.
A plataforma permite que calquera profesor selecciones un vídeo da súa elección (si, calquera vídeo en YouTube, non só os videos de TED) e convertilo no centro dunha lección que facilmente pode ser utilizado na clase ou como deberes, e completado nun contexto, con preguntas de seguimento e outros recursos. O sitio está en beta pero xa ten capacidade bastante para abrila e mostrar os avances de TED-Ed.
Este proceso enteiro é explicado realmente ben neste vídeo creado polo equipo TED-Ed e podes ler unha explicación con detalle a idea do proxecto nesta entrada (ambos recursos están en inglés).
Non dubidedes en explorar todas as posibildiades deste novo sitio para a Educación e, por favor compartid o voso feedback desta versión beta por email a education@ted.com.