TEDxGaliciaTEDxGalicia
TEDxGalicia
Ideas en movemento
  • TED e os TEDx
  • TEDxGalicia 2017
  • Edicións anteriores
    • TEDxGalicia 2016
    • TEDxGalicia 2015
    • TEDxGalicia 2014
    • TEDxGalicia 2013
    • TEDxGalicia 2012
    • TEDxYouth@Galicia 2012
    • TEDxGalicia 2011
    • TEDxGalicia 2010
  • Xa estiveron…
  • Prensa
Menu back  

O evento TEDxGalicia 2012 terá lugar o 30 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia–Tecnópole (Ourense), que se converte en anfitrión deste impactante formato movido pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario. O período de preinscricións comezará o 18 de xuño, coa expectativa de cubrir as 150 prazas dispoñibles en cuestión de días, como ocorreu coas dúas edicións anteriores.

TED, que significa Tecnoloxía, Entretenemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están convidados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.

O evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos persoeiros como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2).

Posteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que lle permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia e este ano, por primeira vez, incluirá a celebración do TEDxKids, unha variante dirixida a nenos e nenas na que os ponentes tamén son menores de idade e para a que a organización conseguiu a licenza recentemente, coa previsión de que se celebre tamén na Tecnópole dous días antes do evento para adultos.

Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia da maneira máis atractiva posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos. Na edición de 2011, celebrada en Santiago de Compostela, participaron persoas como o neurocientífico Xurxo Mariño, a emprendedora Marta Álvarez (promotora da Granxa Maruxa), o xornalista Manolo Gago e o socio de Blu:sens Miguel Silva.

O vídeo-resumo da edición 2011 está dispoñible en YouTube. Máis información enhttp://www.tedxgalicia.com/.

Compartir:

  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Google
  • Correo-e
  • Imprimir
Leave Comment

Cancelar a resposta

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

clear formSubmit

Últimas noticias
  • Acompáñanos a poñer as últimas pezas
    16 Febreiro, 2017
  • TEDxGaliciaU
    12 Outubro, 2015
  • Que é TED?
    15 Decembro, 2014
  • Speaker: Iván Gómez Caderno
    11 Febreiro, 2014
  • Speaker: Ana Corredoira
    10 Xaneiro, 2014
  • Faino ti: doa entradas
    4 Xaneiro, 2014
  • Autocrítica compartida
    18 Decembro, 2013
  • TEDxYouth@Galicia
    29 Agosto, 2012
  • Intervencións TEDxGalicia 2017
    3 Novembro, 2017
  • Convida a alguén que non pode mercar a entrada
    10 Outubro, 2017
Acerca dos TEDx

Co ánimo de difundir as ideas que merecen ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído o noso, son organizados de forma independente. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks así como relatorios en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. TEDxGalicia é organizado baixo licenza de TED.

Os TEDxGalicia en Imaxes
Informacion

Para calquera cuestión relacionadas coa difusión, organización e xestión do evento non dubides en nos contactar por email.

Non dubides en nos facer chegar as túas suxestións e feedback

Submitclear

TEDxGalicia
TEDxGalicia é organizado de forma independente baixo licenza de TED.
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.