O noso partner Gradiant acollerá o vindeiro 27 de Xuño de 2012 na CITEXVI a primeira edición do TEDxGaliciaLive. Nete evento transmitiranse sesións en vivo do TEDGlobal 2012, que terá lugar en Edinburgo do 25 ao 29 deste mes. Este evento ten como tema principal Radical Openness. Podes ver o programa do TEDGlobal 2012 nesta páxina.
TEDxLive é unha extensión do programa TEDx, creado por TED no 2010. Os eventos TEDxLive son eventos TEDx que se constrúen ao redor de transmisións simultáneas pola rede de conferencias TED. Os eventos TEDxLive permiten aos entusiastas de TED, ao redor do mundo, a experimentar sesións en vivo da Conferencia TED.
As charlas do TEDxGaliciaLive son un streaming en directo das sesións do día 27 de xuño no TEDGlobal de Edimburgo e polo tanto estarán en inglés.
A participación e gratuita pero por motivos de aforo e xestión de entrada na CITEXVI é preciso realizar unha preinscrición e agardar a comfirmación de praza.