Aberto prazo de preinscrición.
Fai a túa canto antes!!
De que vai o TEDxGalicia 2012
A temática do TEDxGalicia 2012 será “E se…?”. O propio enunciado orienta as charlas cunha dirección propositiva máis aló do meramente descritivo, tratando de conseguir implicar á audiencia cunha proposta de actuación.
As charlas do TEDxGalicia fuxen das respostas simples na procura da confrontación das nosas propias opinións. Queremos o outro punto de vista. Fora de todo plantexamento dogmático, a nosa ilusión é que saiamos do TEDxGalicia 2012 con máis dúbidas das que chegamos
As catro sesións nas que se estruturará o TEDxGalicia 2012 son:
Sesión 1: E se TED?
Sesión 2: E se facemos o que nos apaixoa?
Sesión 3: E se a ciencia e a tecnoloxía están no máis cotiá?
Sesión 4: E se non todo é como nos pensamos?
Ao longo destas catro sesións e as actividades previstas para o día do evento, tratarease de abrir o foque que temos da realidade. Para elo contaremos cunha serie de charlas de 18 minutos que nos trasladarán variadas visións do cotiá.
Data e sede
O evento do próximo 30 de novembro terá lugar en Ourense no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) que volve a apostar pola difusión das ideas que merecen ser compartidas reafirmando, no ano do seu 20 aniversario, a súa colaboración como anfitrión do TEDxGalicia 2012.
Ao longo do proceso de preinscrición comezaremos a desvelar paulatinamente as charlas. Valoraremos especialmente as inscricións realizadas pola implicación que supoñen coa filosofía TED e TEDx. Ao longo do verán comezaremos a desvelar o programa, de xeito que no mes de setembro teñamos presentado aproximadamente o 75% e no mes de outubro informaremos dos detalles do 100% do programa.
Traballamos con tada a ilusión por satisfacer as túas expectativas pero iso depende de moitísimos factores. O que sí podemos garantir é que seguimos a facer do TEDxGalicia un evento diferente, unha experiencia da que te gustará falar. Así que, non o dubides máis e preinscríbete canto antes.
Participantes
O aforo desta segunda edición é de 200 persoas. Destas, quedan unhas 150 para libre disposición, así que non dubides en formalizar canto antes o voso interese en participar na edición deste ano. O resto das prazas están reservadas para invitacións de persoas que pola súa experiencia, profesión ou implicación en eventos similares, poidan ser de axuda na organización de vindeiras edicións do TEDxGalicia.
Buscamos persoas con inquedanzas e intereses e que poidades xogar un papel no futuro desenvolvemento do movemento TEDxGalicia. Con esa intención se formulan as preguntas do formulario de pre-inscrición. Require de respostas sinxelas que serán utilizadas para decidir a disposición das 150 prazas de libre acceso, así que adícalle uns minutos de reflexión antes de escribilas.
O Proceso de inscrición
Xa tes á túa disposición o formulario de preinscrición a través da plataforma do noso partner eContact. Nos 15 días seguintes a partires da recepción da túa preinscrición terás resposta que poderá ser de aceptación ou agarda. Esta decisión non se toma en función do esgotamento de prazas, senón que se fai na procura da máxima diversificación do auditorio, polo tanto, as túas respostas ao formulario volven ter unha grande importancia así como a diferenciación do teu perfil ou a celeridade de resposta de entre o teu sector.
Unha vez aceptada a túa preinscrición, enviaremoste as instrucións para finalizar o proceso de inscrición. Isto consistirá básicamente no envío das instrucións para a formalización do pagamento que deberás facer nos 15 días seguintes a túa aceptación.
O custo da participación no TEDxGalicia 2012 será de 45€ para as preinscricións recibidas antes do 30 de agosto (independentemente do momento de aceptación por parte de TEDxGalicia) e de 60€ para as preinscricións recibidas a partires desa data.
A inscrición do TEDxGalicia non se trata dunha entreada para o evento, é unha colaboración coa organización que da acceso ás charlas en directo e ofreceremos unha comida-buffet, refrixerios durante todo o día e o cocktail-networking de fin de evento.
Informaremos con máis detalle ás e aos participantes acerca doutros moitos aspectos sobre os que aínda que estamos a traballar.
Non dubides en contactar con tedxgalicia@tedxgalicia.com para solicitar cualquera concreción ou resolver as dúbidas que te poidan xurdir.