Fátima García Doval é diretora do Centro de Educación Especial “Manuel López Navalón” de Santiago de Compostela. Diplomada en Maxisterio pola USC e Licenciada en Filosofía e CC. da Educación pola UNED, DEA en Didáctica e Innovación pola USC.
Fátima traballa con rapazas e rapaces con necesidades especiais dende a perspectiva de que as mellores solucións de accesibilidade e integración non son aquelas que se deseñan especialmente senón aquelas que se deseñan intelixentemente.