O eumés Ignacio Iglesias Villanueva, de novo o único árbitro galego na Primeira División do fútbol español.Despois dunha ampla traxectoria en categorías inferiores, na tempada 2010-2011 debutou en Primeira División. Xunto co seu equipo, superou a tempada do seu debut cun alto nivel nas súas actuacións arbitrais.
Máis aló destes méritos profesionais Ignacio ten un especial interese por mostrar o perfil de deportista de alto nivel do árbitro e os elevados niveis de mentalización e psicoloxía que se precisa manter polas influencias tanto do propio desempeño do seu traballo como das consecuencias do mesmo.