O vindeiro sábado 27 de outubro, a case que un mes do TEDxGalicia teremos unha reunión/xuntanza cos e coas protagonistas desta edición 2012.
Nos xuntaremos en Santiago de Compostela para ter un encontro no que repasar as expectativas que se xerneran ao redor deste evento e da súa esixente audiencia. Traballaremos sobre os temas da comunicación TEDx dende a perspectiva de que cada quen debe atopar a súa propia forma de transmitir pero sen dar receitas, máis ben na procura de liberarmonos de limitacións autoimpostas.
Tamén consideramos fundamental que as e os protagonistas deste ano se coñezan previamente e compartan un ratiño de traballo e lecer para buscar esa sá competitividade de cara á preparación da mellor charla da súa vida 😉